A I Olimpíada Tecnolóxica xorde polos intereses innovadores de catro profesores da especialidade de Tecnoloxía que coincidiron no IES Leiras Pulpeiro de Lugo en diferentes anos: Xabier Díaz, Esther Fernández, Rosa Gómez e Mario Outeiro.
Consiste en facer unha gimkana tecnolóxica na que os diferentes grupos de rapaces deberán superar varias probas. En lugar de competir entre os distintos centros educativos, pensamos que sería máis interesante unha faceta colaborativa; por tanto, os grupos están integrados por membros de todos os centros.
Coa idea de impulsar as novas tecnoloxías da comunicación, decidiuse facer unha primeira fase virtual, onde se comunicarían os alumnos dos distintos centros por correo electrónico e colaborarían para resolver problemas tecnolóxicos propostos nunha páxina web.
Nesta primeira edición, a fase final é en Pedrafita do Cebreiro, lugar onde comeza o Camiño Francés a Santiago en territorio galego. Comeza o Camiño ...