Agora que xa vos coñecedes, comeza unha nova proba virtual para traballar en grupo. Descarga a túa proba no enlace correspondente:
INSTRUCIÓNS:
- Hai que enviar un correo electrónico coa solución da proba a tecnogalicia@gmail.com antes do venres, 25 de maio, ás 16:00 h.
- No asunto deberase indicar o curso e o nome do grupo. P.ex.: 3eso_calibre.
- No corpo do correo hai que poñer o nome e apelidos, o centro de ensino e a resposta ás preguntas da ficha. P.ex.:
Lorena Outeiro Darriba
IES Pedregal de Irimia
1ª pregunta: xxxxx
2ª pregunta: yyyyy
3ª pregunta....
- Puntuación: cada resposta correcta terá un valor de:
2º da ESO: 0,5 puntos.
3º e 4º da ESO: 0,4 puntos.
A máxima puntuación por alumno/a será de 2 puntos. Os grupos non poderán sumar máis de 10 puntos nesta proba (hai grupos con máis de 5 membros!).
- O incumprimento dalgunha das normas anteriores suporá que o/a alumno/a reciba un 0 na puntuación individual.