I Olimpíada - Proposta de traballo

Nós, como profesores de Tecnoloxía e co obxectivo de fomentar o coñecemento e o bo uso da Tecnoloxía entre os nosos alumnos, facemos a proposta de elaborar o material necesario para desenvolver unha Olimpíada Tecnolóxica anual no que participará o alumnado dos catro centros organizadores e que nun futuro se poderá ampliar a máis centros da comunidade. A Olimpíada tecnolóxica constará de dúas fases:
 

  • Fase virtual: nunha primeira fase, os membros de cada gupo coñeceranse a través de Internet, principalmente mediante o uso do correo electrónico.
  • Fase presencial: os rapaces competirán nunha olimpiada, na cal terán que demostrar as capacidades adquiridas durante a etapa. É tamén unha boa ocasión para que rapaces de orixe rural e urbana compartan xogos, responsabilidades e inquedanzas.